9.4.06

Gastronomía de Caldas

LAMPREA: guisada ou en empanada. Esta última ten unhas características propias: a forma da empanada, a calidade do pan, a cantidade e gravidade do prebe (hai prebes que voan e prebes que se apoian), o punto de feitura da bicha (fluvialitis) e o tamaño da empanada. Con todo isto chegamos a conclusión que a empanada de lamprea de Caldas merece solemnes laudes e que o equilibrio entre pan, lamprea e prebe lógrase sobradamente ó converti-lo en unitario e único.


Merece unha mención o ROSCÓN, doce feito con ovos, fariña, manteiga e azucre. É peculiar a súa forma e actualmente celébrase unha festa de exaltación no mes de abril. Tamén destaca o molete e os fanchucos que si son de manteiga, benvidos sexan. A empanada de millo tamén destaca nas delicias culinarias caldenses.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola nfabian,
moi rico o roscón de Caldas, só de velo na fotografía xa che levanta o apetito.
Agardo as túas novas no teu blog.
Bicos.

Anónimo dijo...

Realmente precioso el Blogg, muy interesante, me lo quedo en favoritos.

Inma Magan dijo...

Hola nfabian,
Eu tamén son de Caldas (vivindo fora). ¿Algunha posibilidade de conseguir a receta?. Ando detrás da receta dende anos, a miña aboa facíao, agora xa non temos aboa nen roscón. (a no ser o de Maran ¡))