8.12.06

VERÁN DO 2006 ...

S E N - C O M E N T A R I O S !

Incendios forestais primeira quincena de agosto




Problemas co suministro de auga na semán das festas patronais.


Incendio da empresa Brenntag 1-9-2006


Verquido ao Umia e aparición dunha alga tóxica nas augas do encoro.


e ... para rematar nova enchente o 27-11-2006


Rótulos antigos da vila

Xa desapareceron moitos, pero a verdade teñen o seu encanto. Seguro que hai máis, pero polo de agora son os que teño fotografiados.






Paixón de Cogumelos


Boleto Edulis en Valga e Lepiotas en Arcos da Condesa

Níscalos e un moi bo exemplar de Cantarela (a moeda é de cinco pesos)

Nesta época non podían faltar uns cogumelos. Tampouco faltaron na mesa e si non que lle pregunten ao meu colega Pablo que nesto da gastronomía ten moito que dicir. Esta vez tocoulle a uns paspallás acompañados dun feixe de cantarelas. Graciñas Pablo


15.10.06

Arácnidos

Foto dun aracnido precioso no Monte de Bemil en novembro do 2006


Unha foto dunha araña na ponte romana por enriba da fervenza de Segade

22.8.06

Xogos de Nenos (e non tan nenos)

Xogamos as bolas ? Logo a pregunta era: A veras ? Esto significaba que o que perdía queda sen a bola coa que xogara. Dende logo era un risco que se corría.
O xogo tradicional era o "guá" onde dous xogadores votaban as súas bolas cara un burato na terra, coa finalidade de metela no mesmo. Unha vez dentro iba pola outra bola utilizando a seguinte terminoloxía: primeira (segunda e terceira), pé (imprescindible medilo), pasodebola e guá (ou cacerola). Esto último era o regreso ao principio e por suposto o primeiro era o gañador. Durante o xogo utilizabanse expresión moi variopintas como:
- fora farrras e bigotes
- pirigaños se me confundo
Outras modalidades coas bolas ou canicas eran o xogo das capitales e a colebra.


Araña, pico, ovo ?
Unha nai (o posto máis cómodo, aínda que non sempre). Dous equipos. Por sorteo un empeza abaixo e o outro con carrerilla comenza a saltar enriba por orden e de forma máis ou menos violenta. Se os de abaixo se afunden volven a pringar, mentras que os de arriba deben gardar cos pés un mínimo dunha cuarta ata o chan (esto encargánse de medilo os que están abaixo). Tamén no poden correrse polo lombo dos de abaixo. Cando todos están arriba o primeiro que saltou coa nai coma testigo, pregunta: araña-pico-ovo, indicando coa man unha das opcións. O primeiro de abaixo intenta acertalo e se o logra cambia o conto, e os de arriba pasan abaixo. Un xogo moi interesante, algo brusco e a poder ser mixto.

¡ Por San Martiño, trompos ao camiño !
Unha cordelilla, un trompo (de pinotea, castaño, naranxo ou buxo), moita destreza e espabilación e por suposto un trompo de recambio para cando as cousas ían mal, e xa estaba montada a partida. No interior dun círculo debuxado no chan delimitábase o baile do trompo, onde ao final coa inercia das voltas (arranque) iste debía sair do círculo para salvarse de pringar no centro, onde sería obxectivo dos demais que intentarían rompelo literalmente falando a base de picotazos. Tamén era posible ir por os que se durmían bailando, xa que eran pezas fáciles. O ideal era ter un trompo de buxo cunha boa punta para que tivese moito arranque e pouco baile. Cando un trompo durmíase bailando e quedaba no sitio decíase: "onde caja, mexa". Outra expresión típica era cando o trompo bailaba polo revés, entón decíase que ía de rabela, e por suposto tiña que pringar, ademais de ser unha vergoña para o tirador.

Unha mula e un grupo de rapaces en fila onde o primeiro da as seguintes instruccións (se algún o fai mal pasa inmediatamente a pringar):

- SIN CHUSCAR EN ELLA: saltar sin tocar a mula
- CUADA QUE TE CONFUNDA: saltar por encima da mula apoiando as mans no lombo da mula e deixando caer o cu sobre a mesma
- RODILLA EN TIERRA: saltar e caer co xeonllo no chan
- CHULA QUE TE PARTA: saltar dando unha palmada a mula
- UN ESPELIQUÍN: saltar dando co interior do pe no cu da mula
- JUAN QUE PESCA O CHUPA A TESTA: ?
- PONGAN PRENDAS: saltar e deixar no lombo da mula algunha cousa
- PALMADA PICO CUADA: salto con palmada no lombo, patada con interior do pe no cu e deixandose caer enriba.
- NONA ARRANCA PIÑONA: salto e pellizco no cu da mula
10ª -DÉCIMA A ESCAPAR, A ESCAPAR Y ... (20,30,40,...) PARA CONTAR: o primeiro que salta decide as que ten que contar a mula canda salte o derradeiro para pillar a outro que faga de mula.
(Grazas pola colaboración Miguel)

Xa sei que faltan moitos, pero daría para facer unha publicación. De tódolos modos os seguintes debuxos do meu compañeiro Búa (JAB) representan algúns dos xogos que recordamos: escondite (tamén o inglés), a paturra, o pincho, a liga ou goma, polis e cacos, arriba españa, hai luz, a queda, a cerilla, barómetro, etc. etc.


Se queres participar aportando algo sobre estes xogos ou ben outros que creas convintes, escribeme un comentario, que será benvido. Grazas.

7.8.06

Reloxos de Sol


Apaixoante mundo o dos reloxos de sol. Moi agradecido a meu amigo Aurelio Rey polas súas indicacións no deseño, realización e orientación dun reloxo vertical que luce na miña casa dende o 29 de xullo do 2006. De maneira moi resumida, sabes a hora oficiosa a partires da HORA SOLAR + ADIANTO HORARIO (unha ou duas horas) +/- corrección pola ECUACIÓN DO TEMPO (existe unha gráfica) +/- corrección pola LONXITUDE XEOGRÁFICA do lugar (34 minutos en 8º 38' W para Caldas de Reis)
Na foto o reloxo marca prácticamente as 11,30 hora solar. Esto ten a seguinte lectura:

11,30 hora solar + 2 horas polo adianto horario + aprox. 6 minutos pola ecuación do tempo para o 6 de agosto + 34 minutos pola lonxitude xeográfica de Caldas = 14 horas e 10 minutos

18.7.06

Cultura Quente 2006




Xa van varios anos dende que Caldas fíxose un oco no calendario de festivais de música que se celebran ao longo do verano. Seguro que hai criticos e defensores deste tipo de eventos, xa que ten que haber de todo e no caso de Caldas dende logo "hai de todo" e variado.
Eu non vou facer unha exposición do que me parece o festival nin por suposto politízalo, que é o que fan moitos "personaxes" de Caldas. Simplemente, que se siga facendo pois contribue a promoción da vila, que se celebren unhas boas festas patronais, que se realicen campamentos e actividades para nenos, que exista unha oferta cultural durante todo o ano, que se coide do entorno, que triunfe a nosa banda de música, etc. etc. Resumindo, que se dinamice a actividade no pobo polo ben todos nos.

Fotos Riveira 2006

Este é o meu pequeno homenaxe a cidade de Riveira co motivo do seu centenario. As fotos son feiras dende o Camping de Coroso, lugar onde pasei moitos veraos de vacacións.
De madrugada dende Coroso

Vista nocturna da cidade dende Coroso



Vistas desde Camping Coroso

30.6.06

Vacalouras

Sempre tiven admiración por este "animalejo". De neno na carballeira de Caldas foi cando o descubrín. Me pai contoume dunha ocasión que unha vacaloura apresara un dedo a meu avo, e que para desfacerse del, tivo que apoialo nunha pedra e machacalo con outra para liberarse. A foto de abaixo é dunha vacaloura macho que despois de moitos anos vin na zoa de Pedra do Pan, onde vivo actualmente. Por suposto que despois da foto e de mostrarllo a meus fillos (algúns rapaces seguro que non chegarán a velo) liberei ao "bicho". Algunhas características deste animal son:
- Nome científico: Lucanus cervus
- Nomes vulgares: Cervo voante, escornaboi, alicornio
- Dimensións: ata 8 cms. nalgúns casos
- Identificación: machos con cornos e femias mais pequenas e sen cornos.
- Alimentación: Normalmente xugos vexetais, savia, néctar, etc.
- Hábitat: A vacaloura era bastante común en Galicia. Hoxe xa se fala dela como un insecto en perigro de instinción ou especie ameazada.
- Reprodución: Unha vez que se consigue vencer o oponente, o macho consigue a femia. O que fai é subir por riba da femia é permañece así varios días.
Os ovos nacen nos carballos vellos e cañotas. O verme, que pode medir ata 10 cms, os cinco anos, xanta madeira podre. De tódolos xeitos non son dañínos para os arbres.

- Está considerado o maior escaravello de Europa.

20.6.06

A matanza do porco

A matanza do porco así como a vendima son manifestacións culturais e sociais representativas dunha forma de vida. A través delas reforzanse os lazos de solidariedade e axuda desinteresadas entre as xentes do rural. O proco é un animanl vertebrado, omnívoro e paquidermo que se alimenta de "todo" ou case todo. A súa contraprestación é que támén del aproveitamos "todo": cacheira, lacóns, xamóns, pexuños, costelas, raxo, touciño, etc. etc., ata coa sangue fanse filloas que gozan de
gran aceptación.
A matanza débese facer nun día frío e que a poder ser non chova, nin sexa lúa nova (polo San Martiño). Non vou entrar en detalles pois o proceso non é moi agradable de describir. So vou deixar un par de fotos indicativas do que deixa feito un "matachín".
Agradecemento especial a meu compañeiro "Toño" pola súa colaboración.

15.6.06

Augardente (auga de vida)

Historicamente, a tradición na elaboración dos aguardentes en España está ligada a chegada do alambique traído polos árabes e ten en Galicia o seu gran feudo no que a destilación de orujos se refire. O alambique é unha ferramenta utilizada para destilar mezclas de líquidos mediante un proceso de quencemento e posterior enfriamento. Foi inventado arredor do século X e utilízase para producir perfumes, mediciñas e o alcol procedente das froitas fermentadas.
Como o alcol ferve a unha temperatura inferior a da auga, conseguese destilar unha bebida con alto grao alcólico. Os alambiques fabrícanse normalmente de cobre, porque no proporciona sabor ao alcol, resiste aos ácidos e conduce ben o calor.
É unha ferramenta de destilación simple que está constituída por unha caldeira retorta, onde se quenta a mezcla. Os vapores emitidos saen pola parte superior e enfrían nun sepentín situado nun recipente refrixerado por auga. O líquido resultante recóllexe nun depósito final.
O aguardente é unha bebida obtida a partir do bagazo da uva, fermentado e destilado. Concretamente o galego, obtense pola destilación do bagazo de uvas exclusivamente producidas en Galicia. Algo terá para que sexa considerado o aguardente español por antonomasia. A "aqua ardens", auga de vida, siúase no mito e marco ceremonioso das noites entregadas á invocación das forzas espirituais e naturais.
Cabe subliñar tamén que existen dous tipos: aguardiente de orujo blancos e os de herbas (sometidos a un proceso de maceración do destilado con diferentes herbas seleccionadas segundo criterio de cada elaborador). Existe lexislación referente a denominación Orujo de Galicia, sendo concretamente a seguinte:

Orden APA/2668/2005, de 20 de julio, por la que se dispone la publicación de la Orden de 8 de septiembre de 2004, de la Consejería de Política Agroalimentaria y Desarrollo Rural de la Junta de Galicia, por la que se modifica el Reglamento de la denominación específica Orujo de Galicia y de su Consejo Regulador, y de la Orden de 22 de febrero de 2005, por la que se modifica dicha Orden.

Colaboración de "Toño". Aínda que o lume da pota en con gas butano, antigamente era con leña pura e dura.