




Enlaces sobre a vila de Caldas:
Este é un "vehículo histórico"
LAMPREA: guisada ou en empanada. Esta última ten unhas características propias: a forma da empanada, a calidade do pan, a cantidade e gravidade do prebe (hai prebes que voan e prebes que se apoian), o punto de feitura da bicha (fluvialitis) e o tamaño da empanada. Con todo isto chegamos a conclusión que a empanada de lamprea de Caldas merece solemnes laudes e que o equilibrio entre pan, lamprea e prebe lógrase sobradamente ó converti-lo en unitario e único.
Merece unha mención o ROSCÓN, doce feito con ovos, fariña, manteiga e azucre. É peculiar a súa forma e actualmente celébrase unha festa de exaltación no mes de abril. Tamén destaca o molete e os fanchucos que si son de manteiga, benvidos sexan. A empanada de millo tamén destaca nas delicias culinarias caldenses.
De todo un pouco e algo máis
De todo un pouco e algo máis